Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Electra Alto Miño.
Lugar no que se vai establece-la instalación: en Presa, Fontán e Val de Flores, parroquia de Parderrubias, concello de Salceda de Caselas.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T., aérea, de 2.692 m de lonxitude, con conductores R.Z. e apoios de formigón.
Orzamento: 7.392.605 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 18 de novembro de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra