Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 391

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.817-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio Ramón Lino Armesto, na Praza de España-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación da liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 210 metros, cable Eprotenax de 1x240 mm Al, o C.T. rúa Raíña, liña de media tensión 20 kV, cunha lonxitude de 150 metros, cable Eprotenax 1x240 mm Al, o C.T. Cregos. Centro de transformación 2x400 kVA. 200.000 ±5%, 380/220 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de outubro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo