Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Fenosa, S.A. con domicilio en Vigo no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. en Castrelo II, López Mora, Carmelitas, Praza de América, concello de Vigo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Unión Fenosa, S.A. a instalación de unha L.M.T., un C.T. en Castrelo II, López Mora, Carmelitas, Praza de América, concello de Vigo.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 21 de novembro.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra