Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 1995 Páx. 390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 3.816-A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA) con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio Vilaferro en Avda. de A Coruña-Lugo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación da liña de media tensión subterránea a 20 kV, de 100 metros de lonxitude, cable Eprotenax de 1x95 mm Al, desde C.T. avda. Coruña. Liña de media tensión subterránea 20 kV, de 210 metros de lonxitude, cable Eprotenax 1x95 mm Al, desde el C.T. Enebro. Centro de transformación 2x400 kVA. 20.000 ±5%, 380/220 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 27 de outubro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo