Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1994 pola que se aproba o prego de condicións económico-administrativas que rexerán a contratación por concurso de seguros privados.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 2 de agosto do ano actual, o prego

de condicións económico-administrativas que rexerán a contratación por concurso de seguros privados, exponse ó público, polo prazo de oito días, para os efectos previstos no artigo 122.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

CONCURSO

De conformidade co disposto no artigo 122.1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións o correspondente concurso, mais, no caso de producírense reclamacións na súa contra, o concurso aprazarase ata que as mesmas sexan resoltas polo Pleno da corporación.

1º Obxecto do contrato.-Consistirá na presentación, ó Concello de Viveiro, dos servicios de mediación e asesoramento, así como de proposta concreta previos á formalización de seguros privados, referidos ós seguintes grupos de risco:

-Riscos patrimoniais, referidos a bens mobles e inmobles de titularidade municipal.

-Riscos derivados da administración municipal en razón dos seus bens pola súa actividade ou calquera outra circunstancia.

-Responsabilidade civil de persoal funcionario e laboral do concello, así como dos membros da corporación.

-Riscos persoais de funcionarios e laborais do concello, así como dos membros da corporación.

-Riscos patrimoniais, persoais e de responsabilidade de derivados do uso de vehículos de motor.

2º Tipo de licitación. Dadas as características, non se establece tipo. Entenderanse incluídos tódolos impostos repercutibles.

3º Prazo. Terá únha duración de catro anos.

4º Fianza provisional. 500.000 ptas.

5º Fianza definitiva. 4% do importe da adxudicación.

6º Presentación de proposicións. No Rexistro Xeral do Concello no prazo de vinte días, a partir da publicación do último anuncio de licitación no Boletín Oficial del Estado, Boletín Oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia.

7º Apertura de plicas. Ás doce horas do día seguinte hábil a aquel no que remate o prazo de presentación, agás se fose sábado, no que se trasladaría a apertura á mesma hora do primeiro día hábil seguinte.

8º Proposicións e documentación complementaria. En dous sobres pechados, nos que figurará a lenda «para o concurso de contratación de pólizas de seguro do Concello de Viveiro».

Sobre nº 1. Conterá a seguinte documentación:

-D.N.I. ou equivalente.

-Escritura pública de constitución ou modificación, se é o caso, a entidade inscrita no Rexistro Mercantil.

-Certificación acreditativa de que a entidade se atopa inscrita no rexistro especial do Ministerio de

Economía e Facenda, prevista no artigo 118 do Real decreto 1.348/1985, do 1 de agosto, coas modificacións que sexan procedentes de acordo co disposto na Lei 9/1992, do 30 de abril.

-Escritura de apoderamento en favor da persoa que subscriba a oferta, debidamente acreditada en canto a suficiencia.

-Declaración de que nin o subscritor da oferta nin a entidade á que representa están incursos en ningunha clase de prohibición ou incompatibilidade para contratar coa Administración.

-Certificación dos organismos competentes de atopárense ó día no pago das obrigas fiscais e sociais.

-Resgardo acreditativo na Caixa do Concello do depósito da fianza provisional ou aval bancario.

-Sobre nº 2. Conterá a oferta económica, segundo o seguinte:

«D./Dª..., con domicilio en... e D.N.I./C.I.F..., en nome propio (ou en representación de...), declaro:

Primeiro.-Que son coñecedor do anuncio publicado no Boletín (Diario)... no que se contén a convocatoria pública para a adxudicación polo procedemento de concurso dun contrato de seguro sobre diversos bens, dereitos, e responsabilidades do Concello de Viveiro, coa duración e alcance sinalados no prego de condicións económico-administrativas, que coñezo integramente e acepto.

Segundo.-Que ofrezo realiza-las prestacións seguintes e de acordo coas seguintes tarifas e co detalle que nos correspondentes engadidos se relacionan:

Terceiro.-Que como aclaración e complemento do exposto se aporta a seguinte documentación:...

9º Gastos.-Tódolos derivados dos anuncios, informes e tramitación serán de conta do adxudicatario.

Viveiro, 6 de outubro de 1994.

César Aja Mariño

Alcalde de Viveiro