Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación puntual do Peri da zena vella no barrio do Cura.

Aprobada inicialmente polo concello Pleno, con data do 3 de novembro de 1994, a modificación puntual do Peri da zona vella e do seu catálogo anexo no barrio do Cura (3299/411), presentado polo equipo multidisciplinar INEM-Concello de Vigo, e do equipo colaborador do convenio COAG-Concello de Vigo, baixo a coordinación da oficina técnica municipal de planeamento; sométese, a información pública polo prazo de un mes con anuncios en DOG, BOP, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 23 de novembro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde