Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

No Boletín Oficial da provincia número 267 do 22 de novembro de 1994, publícase a convocatoria e bases da oposición libre para a provisión, en propiedade, de dúas prazas de gardas da policía local vacantes no cadro de persoal de carreira deste concello, incluídas na oferta de emprego público para 1994.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da data da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos unicamente no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Ortigueira, 24 de novembro de 1994.

Jesús Varela Martínez

Alcalde de Ortigueira