Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994 pola que se convoca concurso para a contratación da asistencia á deputación para a realización do apoio externo da programación e proxectos do programa de desenvolvemento do Plan de Sistemas 94.

1. Obxecto: a contratación da asistencia á deputación para a realización do apoio externo da programación e proxectos do programa de desenvolvementos do Plan de Sistemas 94.

2. Orzamento: o importe máximo autorizado para esta contratación ascende a 5.427.461 (IVE incluído).

3. Fianza provisional: 108.549 ptas.

4. Fianza definitiva: 217.098 ptas.

5. Prazo de execución: a prestación dos citados servicios deberá ser completada antes do 1 de abril de 1995.

6. Proposicións: documentación:

A) Sobre A: oferta económica axustada ó seguinte modelo:

O anverso do sobre levará a mención «Proposición económica para tomar parte na contratación directa da asistencia á deputación para o apoio externo de programación e proxectos do programa de desenvolvemento do Plan de Sistemas 1994».

Dentro do sobre figurará a oferta económica axustada a este modelo:

Don/dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., código postal..., con DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con domicilio en..., rúa.... nº..., código postal...), toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña publicado o... para a execución de traballos consistentes na asistencia á deputación para o apoio externo de programación e proxectos do programa de desenvolvementos do plan de sistemas 94, e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete a realiza-lo citado traballo con suxeición ás referidas cláusulas, no seguinte prezo... ptas. (IVE incluído).

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

B) Sobres B e C coa documentación esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

7. Prazo de presentación: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación, r/ Alférez Provisional, s/n, planta 5ª, dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

8. Exposición do prego: o presente prego queda exposto ó público na Sección de Patrimonio e Contratación durante o prazo de 8 días para os efectos establecidos no artigo 122.2 do Decreto lexislativo 781/1986.

9. Apertura de plicas: terá lugar no salón de sesións do Pazo Provincial ás 12 horas do día seguinte ó último sinalado para a presentación de ofertas.

A Coruña, 19 de decembro de 1994.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario