Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLICTO positivo de competencia número 3.127/1994, formulado polo Consello de Goberno do Principado de Asturias fronte á Xunta de Galicia, en relación cun acordo (ou acordos) que aprobou un proxecto de obras dun porto en Ribadeo.

O Tribunal Constitucional, por providencia do 15 de novembro actual, admitiu a trámite o conflicto positivo de competencia número 3.127/1994, formulado polo Consello de Goberno do Principado de Asturias fronte á Xunta de Galicia, en relación co acordo (ou acordos) da última polo que se aprobou un proxecto de obras, de data indeterminada, polo que se autorizaba a construcción dun porto na localidade de Ribadeo (Lugo).

Madrid, quince de novembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario de Xustiza

Asinado e rubricado