En sesión mantida o día 23 de decembro de 1994 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de inspección pesqueira (grupo A), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), acordouse dicta-la seguinte resolución:
1.-De conformidade co disposto na base II.2.1. da convocatoria, apróbanse as puntuacións obtidas no primeiro exercicio da fase de oposición, que se encontran expostas, a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e das delegacións territoriais e comarcais desta consellería.
2.-Segundo o disposto na base II.2.1 da convocatoria, superaron o primeiro exercicio e pasan á segunda fase da oposición os aspirantes que obtivesen unha puntuación igual ou superior a 4,5 puntos.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.
Samuel Juárez Casado
Presidente do tribunal