Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 369

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1995 pola que se regulan as subvencións a concellos para a creación e funcionamento de servicios de información xuvenil.

Polo Decreto 53/1994, do 4 de marzo, esta Comunidade Autónoma crea a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e regula as condicións e o procedemento para o recoñecemento oficial dos servicios de información xuvenil que nela se constitúan, como unidades encargadas de realiza-las actividades necesarias para facer chegar á xente nova unha información pertinente, axeitada ás súas demandas informativas, dunha forma áxil e eficaz, garantindo así ós mozos o dereito á información recollido no artigo 20.1.d. da Constitución como un dos dereitos fundamentais, e como canles que lles presenten obxectiva e exhaustivamente as opcións que se lles ofrecen para facilitarlles a súa integración no mundo social e laboral, así como o medio para facer chegar á Administración as súas necesidades.

Por outra banda, e polo que a esta Administración autonómica se refire, o Decreto 287/1993, do 10 de decembro, que establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, atribúe a competencia en materia de xuventude á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

De acordo co exposto, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude, entendendo que para garanti-la participación efectiva da nosa xuventude nos diferentes ámbitos da sociedade actual é condición básica ter acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada, considera, polo tanto, necesario fomenta-la creación e potencia-lo funcionamento dos servicios de información xuvenil e orientación para o emprego como canles de información que posibiliten a posta en marcha e desenvolvemento da recentemente creada Rede Galega de Información Xuvenil, co ánimo de garantir unha boa distribución e espallamento da información e o acceso a ela por parte dos mozos en igualdade de oportunidades.

Así mesmo, correspondendo ós poderes públicos o establecemento destes servicios, de acordo co mandato recollido no artigo 48 da Constitución, é fundamental o labor que neste sentido desenvolvan os concellos, como entes coñecedores das necesidades e da problemática xuvenil dentro do seu ámbito de actuación.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.355B.460

dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995, concederalles subvención ós concellos de Galicia para a creación e funcionamento de servicios de información xuvenil.

2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes tipos de actividades:

a) Actividades derivadas do normal funcionamento dun servicio de información xuvenil, comprendendo os gastos relativos a: contratación de informadores e persoal técnico do servicio, alugueiro e gastos ordinarios do local, material de oficina non inventariable, comunicación para a recepción-emisión da información.

b) Actividades de dinamización da información: edición de soportes informativos, información e orientación para promoción e emprego xuvenil, campañas de difusión estacionais, utilización de medios de comunicación.

c) Creación de asesorías ou unidades de informacion, dentro dun servicio de información xuvenil, sobre temas específicos de interese para a xuventude.

d) Estudios puntais e publicacións que traten analítica e prioritariamente aspectos relativos á problemática da xuventude.

Artigo 2º.-Destinatarios.

Poderán solicitar subvencións tódolos concellos da Comunidade Autónoma galega. No caso daqueles que recibiran axudas con cargo ós orzamentos da Dirección Xeral de Xuventude correspondentes ó ano 1994, deberán cumpri-lo requisito de telas debidamente xustificadas.

Artigo 3º.-Normas xerais sobre subvencións. Documentación.

1. As solicitudes mandaranse á conselleira de Familia, Muller e Xuventude e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, nos rexistros das delegacións provinciais desta, ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada da certificación de inscrición no Rexistro de Oficinas e Puntos de Información Xuvenil, no caso de que o servicio de información xuvenil estea recoñecido oficialmente en virtude do Decreto 53/1994, do 4 de marzo (DOG nº 53, do 17-3-94).

b) Características do servicio de información xuvenil, a presentar no caso de que o servicio de información xuvenil sexa de nova creación ou non estea recoñecido oficialmente en virtude do citado decreto, especificando:

* Características do local, equipamento, medios materiais e persoal de que dispón, especificando a súa titulación, tipo de contrato e duración da relación laboral.

* Orzamento anual estimado e previsión de financiamento.

* Ámbito territorial no que vai desenvolve-la súa actividade.

* Xustificación da conveniencia de creación do servicio de información xuvenil.

* Nº de horas/ semana de atención ó público.

c) Breve memoria do proxecto de actividades que se pretenden realizar, no caso de que se solicite subvención para as actividades recollidas nos apartados b, c e d do artigo 1º.2, especificando: denominación, actuacións que comprenderá a realización das actividades, temporalización delas, recursos necesarios, orzamento de gastos. No caso das actividades recollidas nos apartados c e d do artigo 1º.2, deberá recoller así mesmo unha análise e descrición das necesidades que motivan as actividades.

d) Certificación do secretario que recolla o acordo do órgano competente, en virtude do que se solicita a subvención.

3. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

4. Por parte da Dirección Xeral de Xuventude, poderá requirirse ós solicitantes, se fose necesario, a emenda dos defectos apreciados na documentación presentada, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 4º.-Criterios de valoración.

Na avaliación dos proxectos e programas de actividades presentados polos concellos terán consideración prioritaria os seguintes:

a) Actividades destinadas á creación de servicios de información xuvenil.

b) Adecuación das actuacións que posibilitarán as actividades polas que se solicita subvención ás funcións propias dun servicio de información xuvenil.

c) Interese social, laboral e cultural das actuacións.

d) Concellos situados no medio rural.

Artigo 5º.-Contía máxima da subvención.

A contía da subvención concedida non poderá supera-lo 75% do orzamento da actividade ou conxunto de actividades obxecto de subvención.

Artigo 6º.-Resolución.

1. Recibidas as solicitudes, coa documentación presentada, serán sometidas a informe dos servicios

técnicos da Dirección Xeral de Xuventude. O director xeral de Xuventude elevará a correspondente proposta á conselleira de Familia, Muller e Xuventude, que resolverá.

2. A resolución seralles notificada a tódolos solicitantes, no prazo de seis meses, contados desde o remate do prazo de presentación das solicitudes.

Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

3. A resolución será notificada polo director xeral de Xuventude, especificando o importe e mailo obxecto da axuda concedida.

4. Os solicitantes ós que non se lles concedese a subvención disporán dun prazo de 30 días naturais, contados a partir da comunicación da resolución, para retira-la documentación presentada. Transcorrido este prazo, arquivarase sen máis trámite.

Artigo 7º.-Aceptación da subvención e pagamento anticipado.

Unha vez concedida a subvención e notificada a resolución, remitirase, no prazo dun mes, certificación do secretario do concello, sobre o acordo plenario ou da comisión de goberno do concello, no que se deixará constancia da aceptación da axuda concedida na súa contía e condicións. Recibida esta certificación, a Dirección Xeral de Xuventude poderá efectuar proposta de pagamento anticipado dun 50% sobre a subvención concedida, para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas.

Nos demais casos, poderán acordarse pagamentos parciais, a medida que o beneficiario xustifique os gastos, e a conta de liquidación ata unha porcentaxe do 80% da subvención concedida, podendo autorizarse, non obstante, un anticipo do 10% unha vez recibida a aceptación da axuda concedida, de acordo co disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995.

Para os efectos de facer efectivo o anticipo do 10% previsto para aquelas subvencións que superen o millón de pesetas, será preciso remitir, como requisito previo, certificación do secretario do concello beneficiario na que se faga consta-la necesidade do anticipo para poder inicia-las actividades obxecto de subvención.

Artigo 8º.-Xustificación da subvención e pagamento.

1. Unha vez realizada a actividade, remitiranse os xustificantes dela ou certificación expedida polo secretario do concello ou técnico responsable do servicio de información xuvenil, na que se fará consta-la efectiva realización das actividades subvencionadas e o gasto correspondente. Presentarase, así mesmo, unha breve memoria sobre as actividades realizadas

polo servicio de información xuvenil ó longo do ano en curso, na que se recollan os datos especificados no anexo II.

Os xustificantes ou certificacións deberán ser remitidos á Dirección Xeral de Xuventude antes do día 30 de outubro de 1995.

2. Recibida e comprobada a documentación á que fai referencia o apartado 1º do presente artigo, o director xeral de Xuventude realizará proposta de pagamento da subvención, de acordo coa normativa orzamentaria que sexa de aplicación.

Artigo 9º.-Obrigas do beneficiario.

Os concellos subvencionados quedarán abrigados:

1. A non modifica-la programación de actividades aprobadas sen autorización expresa do director xeral de Xuventude.

2. A cumpri-lo hora de atención ó público do servicio de información xuvenil, no caso das subvencións concedidas para os supostos recollidos nos apartados a) e c) do artigo 1.2.

3. A facer constar na publicidade e difusión que se xere, así como en todos aqueles soportes informativos e publicacións que se realicen, que as actividades foron subvencionadas pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

4. A integrarse, se é o caso, na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, conforme o procedemento establecido no artigo 13 do Decreto 53/1994, do 4 de marzo. Esta condición será esixible como requisito previo para poder cobra-la subvención concedida.

5. A presentar, no momento da recepción dos fondos, unha certificación do interventor municipal que acredite que o ingreso da subvención percibida está rexistrado na contabilidade do concello, con expresión do asento contable practicado.

Artigo 10º.-Control e posible anulación da subvención.

A Dirección Xeral de Xuventude reserva para si o dereito a orientar tecnicamente as actividades, a comproba-los datos económicos así conno a efectiva realización delas, e a estender e dar a coñecer publicamente as actividades subvencionadas.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá anular total ou parcialmente a subvención concedida, cando se incumpra o obxecto do programa ou algunha das condicións establecidas nos artigos 7, 8 e 9 da presente orde, e solicita-la devolución das cantidades percibidas, de habelas, nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación e a vixente Lei de réxime xurídico das adminis

tracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición adicional

No caso de que unha vez dictada a resolución de concesión de axudas amparadas nesta orde quedase crédito orzamentario sen adxudicar, poderase publicar unha segunda orde de convocatoria de axudas. En todo caso, a concesión de axudas terá como límite a cantidade consignada na correspondente aplicación económica dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 1995.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Xuventude para dictar, no ámbito da súa competencia, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pero no que se refire ós prazos de execución, poderanse subvencionar actividades destinadas á información xuvenil realizadas polos concellos desde o 1 de xaneiro de 1995, se son actividades que se consideran importantes para a xuventude e cumpren os requisitos e condicións establecidas nesta orde.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1994.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude