Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 402/1994, do 29 de decembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dunha parcela de 1. 790 m sita na denominada Granxa do Eirado do Sinal, parroquia de Coiro, feita a favor do Servicio Galego de Saúde polo Concello de Cangas para a construcción dun centro de saúde.

O Concello de Cangas, en sesión celebrada o día vintecatro de setembro de mil novecentos noventa e catro, modifica parcialmente o acordo de data vinteseis de marzo do mesmo ano, e acorda ceder ó Servicio Galego de Saúde, unha parcela de 1.790 m, sita na denominada Granxa do Eirado do Sinal, parroquia de Coiro, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia, para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1 da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco, se ben non se consideran cargas, gravame ou afección os investimentos que teña que realizar a Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autó

noma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e coas condicións estipuladas nos acordos do pleno do Concello de datas 26 de marzo e 24 de setembro de 1994, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble propiedade do Concello de Cangas (Pontevedra), feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

2. O inmoble cedido ten unha superficie de 1.790 m e sita na denominada Granxa do Eirado do Sinal, parroquia de Coiro, concello de Cangas, sendo os seus límites os seguintes:

-Ó norte, ó sur e ó oeste:

Resto do predio matriz que se destinará á apertura de novos viais.

-Ó leste: edificio promovido por Construcciones Vifra, S.L.

3. A parcela obxecto de cesión atópase inscrita no Rexistro da Propiedade a favor do Concello de Cangas, por título de doazón, no tomo 1.122, libro 140, folio 178, predio nº 13.464, inscrición primeira.

Artigo segundo.-

O inmoble cédese libre de cargas e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo terceiro.-O Servicio Galego de Saúde a través do seu órgano competente procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade o seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e

presidente do Sergas