A Consellería da Presidencia e Administración Pública dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 29 de xullo
de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios da escala de confrarías de pescadores, grupo C, da Administración xeral da Xunta de Galicia, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 14 de xuño da dita comisión.
Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición do interesado, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:
-Miguel Aguirre Seoane.
DNI: 32.784.756.
No posto nº 29, para o ámbito territorial da Coruña.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública