Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 09 de xaneiro de 1995 Páx. 345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a funcionarios da escala de confrarías de pescadores, grupo D, da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 29 de xullo de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios da escala de confrarías de pescadores, grupo D, da Administración xeral da Xunta de Galicia, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 14 de xuño da dita comisión.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

Escala de Confrarías de Pescadores:

-José Luis Paz Pérez.

DNI: 34.259.624.

No posto nº 36, para o ámbito territorial de Lugo.

-María de los Ángeles Lama Iglesias.

DNI: 36.126.708.

No posto nº 55 do ámbito territorial de Pontevedra.

-María Luísa Vázquez Domínguez.

DNI: 76.891.944.

No posto nº 52, para o ámbito territorial de Pontevedra.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública