A Consellería da Presidencia e Administración Pública dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 29 de xullo de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios da escala de confrarías de pescadores, grupo E, da Administración xeral da Xunta de Galicia, de conformidade co contido do apartado terceiro do acordo do 14 de xuño da dita comisión.
Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:
-Mercedes Balseiro Graña.
DNI nº: 32.642.123.
No posto nº 54, para o ámbito territorial de Pontevedra, mantendo a súa anterior posición nos da Coruña e Lugo.
En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública