Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello en Pleno, na sesión ordinaria do día 1 de decembro de 1994, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do contorno da igrexa da Veracruz (O Carballiño), conforme co acordo que literalmente di:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do contorno da igrexa da Veracruz (O Carballiño), redactado polo arquitecto Sergio Mascareñas Nogueiras, desestimando as alegacións formuladas por Estrella Campos Sobrino contra o devandito proxecto.

Segundo.-Procédase a publicar no DOG o citado anuncio.

Terceiro.-Delegar na Comisión de Goberno a tramitación e aprobación do expediente de expropiación

dos terreos do contorno da igrexa da Veracruz, así como as reclamacións, alegacións e recursos que se formulen contra eles.

Contra esta resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste acordo no DOG, comunicándollo previamente ó órgano que dictou o acto impugnado.

Pode utilizarse calquera outro recurso que o interesado considere conveniente.

O Carballiño, 9 de decembro de 1994.

O alcalde presidente

Rubricado