Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 272

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 12 de decembro de 1994 polo que se fai público o nomeamento de xuíces de paz substitutos de Narón (A Coruña) e Lobeira (Ourense).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 12 de decembro de 1994, acordou nomear por un período de catro anos os xuíces de paz substitutos, que máis abaixo se indican, de distintos concellos, que igualmente se relacionan, desta comunidade autónoma, nomeamento que se fai directamente posto que no concurso que convocou esta Sala de Goberno non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para desempeña-lo cargo, e tendo en conta que os respectivos concellos, no seu día, non elixiron ningunha persoa para os devanditos cargos.

Provincia da Coruña

Narón.- Substituto: Francisco Mera Grandal.

Provincia de Ourense

Lobeira.- Substituto: Javier González Ferreira.

Contra este acordo os interesados poderán presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que expresa o artigo 101.5 da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte

ó da publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no xulgado de paz para o que son nomeados, perante quen estea exercendo a xurisdicción.

Os xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 12 de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Vicente Fernández Riera

Secretario de Goberno