Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

EDICTO do 8 de novembro de 1994 polo que se anuncia a aprobación inicial do estudio de detalle para o ordenamento de volumes no soar sito na ronda do Carme, praza do Exército Español e estrada de Ombreiro.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 1994, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para o ordenamento de volumes no soar sito na ronda do Carme, praza do Exército español e estrada de Ombreiro, a solicitude de Hipólito, S.L.

Conforme o prevido nas disposicións vixentes sométese a información pública, polo prazo de quince días, durante o cal poderá ser examinado no Servicio de Urbanismo (oficinas municipais de Quiroga Ballesteros), e presentarse reclamacións ou suxerencias que se desexen.

Lugo, 8 de novembro de 1994.

Manuel Carrasco Uceda

Vicesecretario