Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

EDICTO.

Por decreto da Presidencia da Xunta de Galicia número 322/1994, do 21 de outubro, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 210, do 31 de outubro de 1994, declárase a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa por este Concello da Peroxa (Ourense), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras previstas no proxecto técnico de camiño Ponte da Barra.

En cumprimento e execución da devandita disposición e do acordo adoptado no Pleno deste Concello, de data 17 de febreiro de 1994 e demais antecedentes e normas aplicables, anúnciase que o levantamento da acta previa á ocupación a que se refire a norma 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa terá lugar o día 25 de xaneiro de 1995, ás 10 horas da mañá, no lugar en que estea radicado o ben obxecto de expropiación, ó que se trasladará o alcalde-presidente ou o concelleiro no que delegue, representante da administración, perito da administración e un equipo técnico administrativo. A ese acto cítanse os propietarios e demais interesados afectados, segundo dispón a norma 2ª do aludido artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A acta previa á ocupación, levantarase aínda no suposto de que non concorran os propietarios e demais interesados ou os que debidamente os representen.

Para tal efecto deberán concorrer persoalmente ou debidamente representados acreditando a súa personalidade mediante presentación do DNI e poderán facerse acompañar, pola súa conta de perito e un notario, debendo xunta-la documentación precisa respecto á titularidade do ben obxecto de expropiación (títulos rexistrados, cédula de propiedade, recibos de contribución, etc.).

En aplicación do disposto no artigo 56.2 do regulamento para aplicación da Lei de expropiación forzosa, os interesados poderán formular por escrito dirixido ó alcalde-presidente do Concello da Peroxa, cantas alegacións xulguen pertinentes ata o momento do levantamento da acta previa, soamente para os efectos de emenda-los posibles erros que se puidesen producir ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación, non sendo procedente calesquera outros recursos ou reclamacións que se entenderán diferidos ó momento procedemental posterior. Non obstante, a inserción de edictos correspondentes no BOE, no Boletín Oficial de la Provincia, Diario Oficial de Galicia e en La Región, o sinalamento será notificado por cédula ós interesados afectados e publicado no taboleiro de anuncios deste concello, conforme establece o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A relación identificativa dos bens afectados é a que segue:

Número de predio: 3.

Nome dos propietarios: Jorge González Varela e Hilda González Varela (herdeiros).

Metros a expropiar: 126,40 m.

Cultivo do predio: Monte baixo.

A Peroxa, 17 de decembro de 1994.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde-presidente