Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación directa mediante expediente anticipado de gasto das obras de reparación do centro de saúde de Ponte do Porto-Camariñas (A Coruña).

-Obra: reparación do centro de saúde de Ponte do Porto-Camariñas (A Coruña).

-Orzamento da contrata: 5.602.345 ptas.

-Prazo de execución: 2 meses.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Fianza definitiva: 224.094 ptas.

Exposición de proxectos:

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na D. X. de Recursos Económicos (Subdirección Xeral de Investimentos) ou nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde nas respectivas provincias, en días hábiles de 9 a 14 horas.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo primeiro día natural a partir da publicación da contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no art. 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación a presentar polos licitadores:

Presentarase un sobre pechado coa documentación sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas polas que rexe a adxudicación do contrato.

Apertura de proposicións:

Realizarao a comisión de contratación nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar ó día hábil seguinte.

Anuncios:

Os anuncios da presente contratación directa serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1994.

P.D. (Decreto 199, do 16-6-1994)

Antonio Carbajo Romero

Director xeral de Recursos Económicos