Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1994, da Presidencia do Servicio Galego de Saúde, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na avenida de Vigo (Cabanas-Salcedo), s/n, de Pontevedra, para situa-lo departamento de subministración e almacén de atención primaria da Área Norte de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2 do seu regulamento e á vista das competencias que teño atribuídas de acordo co Decreto 199/1994, do 16 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que polas necesidades do servicio ou funcións que se van satisfacer no local, xustifícase, logo de fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Avda. de Vigo (Cabanas-Salcedo), s/n, de Pontevedra, para situa-lo departamento de suministracións e almacén de atención primaria, Área Norte de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1994.

P.D. (Orde do 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijóo

Secretario xeral de Sanidade