Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do sindicato Alternativa Independente.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do sindicato Alternativa Independente, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Funcional: A actuación do sindicato esténdese a tódalas ramas das actividades económicas e ós traballadores por conta allea que prestan servicios nelas, incluídos os das administracións públicas.

Asinan a acta de constitución: Antón Xoán Cabezón Gómez e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais