Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 269

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o acordo de disolución da Asociación de Viveros de Plantas Ornamentales de la Comunidad Autónoma de Galicia (AVOGA).

De acordo coa normativa legal vixente na materia, e para o seu coñecemento xeral, procédese a comunicar que:

No correspondente servicio desta dirección xeral foi depositada, o día 21 de decembro de 1994, certificación da secretaria da Asociación de Viveros de Plantas Ornamentales de la Comunidad Autónoma de Galicia (AVOGA), María Lourdes García Nimo, co visto e prace do seu presidente, na que se fai consta-lo acordo acadado na asemblea extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o día 2 de decembro de 1994, e que consiste na disolución da devandita asociación.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais