Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de decembro do 1994, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da providencia de apertura do expediente sancionador de epizootias 256/1994, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cas datos persosis e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a incoación do correspondente expediente sancionador polo Delegado Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso, funcionario desta delegación. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-4º planta, a presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación da persoa designada como instructor.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectua-lo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 134-4º planta, Lugo.

Expediente: 256/1994.

Denunciado: Lois Pérez, Castor.

DNI número: 34.246.478.

Último enderezo coñecido: Mourelos, 96, O Saviñao, Lugo.

Feitos imputados: transporte de gando, carecendo do documento de inscrición do vehículo para transportar gando.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 52.

Precepto sancionador: 215.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 ptas.

Lugo, 12 de decembro de 1994.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo