Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-65/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións:

* nº 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

Expediente: LU-65/1994.

Denunciado: Manuel López Vázquez.

DNI número: 33.861.502.

Último enderezo coñecido: Láncara, 7. Láncara.

Feitos imputados: transportar, o día 20 de marzo de 1994, no vehículo matrícula LU-09020-VE, dúas cabezas de gando bovino, carecendo de Guía de Orixe e Sanidade Pecuaria.

Tipificación infracción ó Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 64.

Precepto sancionador: artigo 212.

Sanción imposta: 4.000 ptas.

Lugo, 12 de decembro de 1994.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo