Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca 190/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5-8-1993) por resultaren descoñecido o domicilio do interesado.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coiden convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora.

Conforme o establecido no art. 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na delegación provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo R.d. 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 15 de decembro de 1994.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña