Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-166/1994 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

1.-Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do

recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2.-O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados a partir do momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3.-O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de decembro de 1994.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra