Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa para a subministración de gas propano comercial no termo municipal de Foz (Lugo).

Para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos e no artigo 11 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2.913/1973, do 26 de outubro, sométese a información pública o seguinte proxecto de concesión administrativa:

Peticionario: Repsol Butano, S.A., con enderezo na Praza da Palloza, 3-2º, 15006 A Coruña.

Obxecto da petición: concesión administrativa para o desenvolvemento da actividade do servicio público de gas no termo municipal de Foz, mediante a instalación dun centro de almacenamento e distribución de gas propano comercial.

Instalacións básicas:

-Estación de G.L.P., constituída por catro depósitos enterrados de 49,50 m de capacidade.

-A rede de distribución, deseñada para a súa intercambiabilidade co gas natural, cunha lonxitude de 7.800 m e construída con tubería de polietileno que transcorrerá enterrada na súa totalidade.

Orzamento: corenta e seis millóns setecentas mil pesetas (46.700.000).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións, nun prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio na Dirección Xeral de Industria, edifico San Caetano, en Santiago de Compostela, e na delegación provincial desta consellería en Lugo, onde poden examina-lo proxecto.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1994.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria