Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, sobre proposta de unificación, cambio de denominación e ampliación dos perímetros de protección da sociedade Aguas de Mondariz-Fuente del Val, S.A.

A Delegación Provincial de Industria de Pontevedra, en aplicación do art. 28.2 da Lei de minas 22/1973, do 21 de xullo, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, pon en coñecemento de todos aqueles que se consideren interesados, para que poidan faca-las alegacións que coiden pertinentes no prazo de un mes a partir da data da presente publicación no Boletin Oficial del Estado, que a sociedade mercantil Aguas de Mondariz-Fuente del Val, S.A., con data 20-4-1994, presentou na Delegación Provincial de Industria de Pontevedra solicitude de unificación, cambio de denominación e ampliación dos perímetros de protección das augas minero-medicinais, minero-naturais e minerais naturais carbónicas, da súa titularidade, nomeados Fuente del Val e Gándara e Troncoso.

A sociedade Aguas de Mondariz-Fuente del Val, S.A. xustifica a unificación dos perímetros de protección anteriormente reseñados e o cambio de denominación co termo de Aguas de Mondariz-Fuente del Val baseándose en que ámbolos perímetros estrenan sen solución de continuidade para evitar interpretacións erróneas nos etiquetados da auga que procedentes dos mananciais da súa titularidade comercializa.

O novo perímetro de protección que a sociedade propón para cubri-la zona de influencia do todo o acuífero das Aguas de Mondariz-Fuente del Val, está xustificada no proxecto técnico achegado pola dita sociedade e do que, con data 4-11-1994, emitiu

informe favorable a Dirección Xeral de Augas Subterráneas e Xeotecnia do Instituto Tecnolóxico e Xeomineiro de España, comprendendo unha extensión de 155 cuadrículas mineiras, englobadas polos seguintes vértices perimetrais coas seguintes coordenadas xeográficas orixe do meridiano de Greenwich:

Que supón un total de 155 cuadrículas mineiras.

Pontevedra, 14 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra