Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 24 de novembro de 1994, do Servicio de Consumo de Ourense, de notificación do expediente 32.037/1994 a Intagás (Salvador Montoya Martínez).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a fase na que se atopa o expediente a ela instruído polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de

Industria e Comercio de Ourense, por incumprimento do Real decreto 1.945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Intagás (Salvador Montoya Martínez). Lugo.

DNI: 22.925.862-Z.

Expediente número: 32.037/1994.

Acordo de iniciación.

Prazo: 10 días.

O dito interesado dispón do prazo que en cada caso se indica, contado a partir da publicación da presente cédula, para que poida examina-lo expediente no Servicio de Consumo da Delegación de Industria e Comercio de Ourense, sito na avda. de Zamora, 13, andar 3º, e presentar perante a dita delegación, sita na rúa Curros Enríquez, 1, andar 5º, as alegacións que considere oportunas, conforme o disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 24 de novembro de 1994.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense