Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 176/1994 (52.734)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617 e 2.619/l966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 990 m de lonxitude, con orixe no pórtico de trafo Bruño, da liña Cabreira-Maianca-Bruño (expediente 27.213) e remate no C.T. Urbanización Rialta-Arillo 2.

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e con conductor LA-110, de 253 m de lonxitude, seguida de tramo subterráneo, baixo formigón e conductor RHV 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 18 m de lonxitude, que remata no C.T. Arillo. Oleiros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 29 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña