Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 178/1994 (52.652)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617 e 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-110, de 4.903 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da liña Ermida-Anos e remate no apoio nº 32. Cabana.

Todas aquelas pesoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 28 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña