Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 177/1994 (51.636)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617 e 2.619/l966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110, de 5.950 m de lonxitude con orixe no C.T. Brandariz (expediente 31.464) e remate na liña Couceiros-Calvo Sotelo e San Pedro de Mezonzo-Teixeiro (expediente 50.782).

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón e conductor LA-110, de 840 m de lonxitude, con orixe na liña Illana-Casilla. Curtis.

Todas aquelas pesoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 29 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña