Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 249

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (461/1994).

En virtude do acordado por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz accidental neste Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Ribeira, dictada en autos incidentais para o recoñecemento do dereito a litigar gratuitamente seguidos neste xulgado co número 461/1994, por instancia de José Ventura Suárez Gago, representado polo procurador Villar Trillo, por medio da presente cédula cítase a parte demandada, María Alcántara Román, maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día vintetrés de xaneiro e ás once horas compareza diante da Sala de Audiencia deste xulgado, sito na Casa do Concello desta vila, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal, prevíndoa de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía, sen volvela citar e recaendo sobre ela os demais prexuízos a que houber lugar en dereito.

Fáiselle saber que as copias de demanda e documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de citación en forma á referida demandada, expido e asino a presente cédula en Ribeira o dezaseis de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Elma Ojea Muñiz

Secretaría xudicial