Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 249

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DE VIGO

EDICTO (546/1993).

José Ramón Sánchez Herrero, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira instancia número un de Vigo,

Fai público: que neste xulgado do meu cargo se tramita expediente de dilixencias de prevención de ab intestato número 546/1993, de Digna Fernández Rodríguez, maior de idade, filla de Venancio e de Dolores, natural de Tui (Pontevedra), solteira, falecida o 26 de febreiro de 1993, e con último domicilio en barrio Estrada (Gondomar), sendo os seus únicos parentes coñecidos o seu irmán Manuel Fernández Rodríguez e os seus sobriños: Dolores Fernández Rodríguez, Lucía Fernández Rodríguez, José Fernández Rodríguez, Rogelio Fernández Rodríguez, Ramiro Durán Fernández e Alsira Rodríguez. Por medio deste edicto chámase a cantas persoas se crean con igual ou mellor dereito á herdanza para que no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da súa publicación, comparezan ante este xulgado para reclamalo, co apercibimento de telas por vacantes.

Dado en Vigo, o cinco de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Rubricado