Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 249

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (320/1984).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela,

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo, baixo o número 320/1984, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado polo procurador Sr. Caamaño Frade; contra José Gestal Ares, con domicilio Carcacía-Padrón nos que se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións.

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o vindeiro día 31 de xaneiro, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 1.350.000 ptas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 24 de febreiro, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 20 de marzo, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor demandante, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0320/84, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados están suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, de manifesto

na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do actor, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima. Poderán facerse ofertas en prego cerrado.

Oitava. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Novena. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Décima. Se o acredor o pide ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate dos outros ofertantes e sempre pola orde delas.

Décimo primeira. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto da poxa:

A metade indivisa do predio rústico número 151 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Xoán de Calo, municipio de Teo, terreo dedicado a prado no sitio de Tallo do Francés, que mide 2 áreas e 70 centiáreas e que estrema, ó norte, coa estrada da Coruña-Tui; sur, Flora Torres Francos (152); leste, de Avelino Alvelo Framil (153); oeste, de Carlos García Pereiro (150). Consta inscrito no tomo 408 do arquivo, libro 79 de Teo, folio 235, predio número 9064, inscrición segunda.

Valorado en: 1.350.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o dezanove de outubro de mil novecentos noventa e catro.