En sesión mantida o día 21 de decembro de 1994 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes facultativos de administración especial da Xunta de Galicia, convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 44, do 4 de marzo), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira (grupo C), dictouse a seguinte resolución:
1.-De conformidade co disposto nas bases II.1.1.8 e 11.1.5 da convocatoria, fanse públicas as puntuacións obtidas na fase de concurso polos opositores de promoción interna e de acceso libre respectivamente. As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e das delegacións territoriais e comarcais desta consellería.
2.-Contra estas puntuacións os interesados poderán formular reclamación perante o tribunal, con
sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 1994.
Jesús Espada Martínez
Presidente do tribunal