Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 232

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axudantes de extensión pesqueira, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se ordena a publicación das puntuacións obtidas na fase de concurso.

En sesión mantida o día 22 de decembro de 1994 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, convocadas por Orde do 24 de febreiro de 1994 (DOG nº 45, do 7 de marzo), escala de axentes de extensión pesqueira (grupo B), dictouse a seguinte resolución:

1.-De conformidade co disposto nas bases II.1.2 da convocatoria, apróbanse as puntuacións obtidas na fase de concurso polos opositores de acceso libre ós que se refire a súa base II.1.2. As puntuacións estarán expostas a partir do mesmo día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral da Función Pública, das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e das delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

2.-Contra estas puntuacións os interesados poderán formular reclamación perante o tribunal, con sede na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.

José Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal