Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/630/1994, interposto por Pablo Manuel López Varela.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saude a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/1630/1994, interposto por Pablo Manuel López Varela contra a convocatoria de probas selectivas, do 16 de xuño de 1994, para a contratación temporal de oito oficiais de laboratorio para o Programa de Control Sanitario do Aire; un biólogo, cinco veterinarios, un oficial administrativo e dous oficiais de laboratorio para o programa de plan de residuos en animais e carnes frescas; e dous farmacéuticos, un químico, un oficial de laboratorio

e un auxiliar administrativo para o programa de biotoxinas mariñas, e contra a resolución das ditas probas, do 4 de xullo de 1994.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos