Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no curso contencioso-administrativo número 1/2453/1994, interposto por Antonio Moreno Martínez.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 1/2453/1994, interposto por Antonio Moreno Martinez contra a Resolución do 12 de setembro de 1994 desta dirección xeral (DOG nº 187, do 27 de setembro), pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal facultativo especialista, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, en concreto no que se refire ás prazas de persoal facultativo, especialidade de análises clínicas.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer nos autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1994.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos