Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de1994 pola que se convoca o I Curso superior de planeamento, xestión, disciplina urbanística e medio ambiente.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio; Lei 10/1989, do 10 de xullo, e Decreto 306/1990, do 24 de maio), a Escola Galega de Administración Pública convoca o I Curso superior de planeamento, xestión, disciplina urbanística e medio ambiente co fin de mellora-lo grao de especialización dos alumnos ós que vai dirixida a correspondente actividade, dotándoos dunha serie de coñecementos teórico-prácticos sobre a temática indicada que contribúan a perfecciona-la súa capacitación profesional nestes campos. O citado curso, que se celebrará en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico, vai dirixido a funcionarios de carreira dos grupos A e B que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como ó persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en

posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, este curso valóraselles con 2,15 puntos a aqueles alumnos admitidos comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles, por non se cubriren as convocatorias entre o persoal ó que se refire a alínea 1 anterior, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto técnico ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.

O número de prazas é limitado.

O curso terá lugar na Escola Galega de Administración Pública, sita en Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, s/n, de Santiago de Compostela, comezará o 7 de febreiro de 1995 e finalizará o día 23 de maio do mesmo ano. A súa duración será de 120 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, os martas e xoves, desde as 16.30 ás 20.30 horas.

Para superar este curso e obte-lo aludido certificado de aproveitamento cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá ser aprobada previamente polo director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega de traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselles ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan con regularidade a el e non teñan unha inasistencia igual ou superior a 18 horas, equivalentes ó 15% das horas programadas. De superaren este límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados do curso con perda de tódolos dereitos.

Os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Cento setenta e cinco mil pesetas (175.000 ptas.) para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica e local galegas e que no desempeño do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo ou o medio ambiente. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, concello ou da deputación.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos, de 43.750 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do 1 de marzo de 1995

-O terceiro aboarase antes do día 1 de abril de 1995.

-O cuarto satisfarase antes do día 1 de maio de 1995.

2. Duascentas sesenta e dúas mil cincocentas pesetas (262.500 ptas.), para o resto dos solicitantes integrados nas administracións autonómica ou local galegas, que non reúnan o requisito precedente.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez, ou en catro prazos, de 65.625 pesetas cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do 1 de maio de 1995.

-O terceiro aboarase antes do día 1 de abril de 1995.

-O cuarto satisfarase antes do día 1 de maio de 1995.

3. Trescentas cincuenta mil pesetas (350.000 ptas.), para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio de ningunha das administracións públicas anteriormente citadas.

O devandito importe podará ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos, de 87.500 pcsetas cada un, de acordo coa forma que se determina a continuación:

-O primeiro prazo deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do 1 de maio de 1995.

-O terceiro aboarase antes do día 1 de abril de 1995.

-O cuarto satisfarase antes do día 1 de maio de 1995.

Os dereitos de inscrición anteriormente sinalados poderán facerse efectivos mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP de Caixa Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

As cantidades satisfeitas, no momento de formaliza-la solicitude, polos peticionarios que non sexan admitidos serán reintegradas pola EGAP na canta corrente indicada polos interesados.

A expedición do certificado de aproveitamento quedá supeditado, ademais de ós requisitos de orde académica, ó pagamento completo dos dereitos de inscrición.

Para a participación neste curso ábrese un prazo de inscrición que rematará o 2 de febreiro de 1995, para que as persoas que figuran como destinatarios deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no final desta resolución, achegando ó boletín de inscrición os seguintes documentos:

a) Se o peticionario é funcionario:

-Certificado de atoparse en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedilo, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo ou o medio ambiente, certificado estendido polas persoas sinaladas na alínea que antecede, no que se signifique expresamente este extremo.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira do grupo A ou B. Este documento deberá ser estendido polos mesmos funcionarios citados no parágrafo anterior.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Foto tamaño carné.

b) Se o peticionario é persoal laboral:

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberán ser estendidos, segundo os casos, polo secretario xeral da respectiva consellería, concello ou da deputación.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Foto tamaño carné.

c) Para os restantes peticionarios:

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Expediente académico detallado, coas cualificacións obtidas en cada materia, ou currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade do importe dos dereitos de inscrición, ou ben polo primeiro prazo.

-Foto tamaño carné.

Rematado o prazo anterior, reunirase unha comisión de selección para elixir, entre os solicitantes, aqueles que participarán como alumnos neste I curso superior.

Se os solicitantes son funcionarios ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º. Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º. Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó que agora se convoca.

3º. A antigüidade, e como tal entenderase a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas vacantes, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criteiro selectivo dos restantes peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Gozarán de preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación coa materia do curso e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc., vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que acheguen os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

A efectividade desta convocatoria e do custo que se proxecta queda condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1994.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública