Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 1994 pola que se convoca unha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación sobre codificación normativa da Xunta de Galicia.

Conforme os fins atribuídos a este centro nos arts. 3.1 g) da Lei 10/1989, do 10 de xullo; 2º.1) h do Decreto 306/1990, do 24 de maio, e 5 do Decreto 336/1990, do 8 de xuño, faise pública a seguinte convocatoria, que se rexerá polas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Adxudicación dunha bolsa de colaboración en tarefas de estudio e investigación, en materia de codificación da normativa da Xunta de Galicia.

Segunda.-Dotación.

A bolsa consistirá na percepción de 1.350.000 pesetas como máximo distribuídas nas mensualidades que resulten desde o día de incorporación do bolseiro ata o 31 de decembro de 1995.

O gasto que se proxecta está condicionado á existencia de crédito axeitado e suficiente.

Terceira.-Requisitos dos candidatos.

-Ser cidadán dalgún dos países da Unión Europea.

-Ser titulado superior universitario.

Cuarta.-Solicitudes.

1. Enviaranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña (España), conforme o art. 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, segundo o modelo anexo a esta convocatoria, xunto coa seguinte documentación:

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Certificación académica, con detalle das cualificacións obtidas na carreira.

-Proxecto de investigación entre cinco e dez folios.

-Currículum vitae.

-Declaración expresa de que non ten contraída ningunha débeda coa Xunta de Galicia.

Os documentos deberán ser orixinais ou copias cotexadas con eles.

2. O prazo de presentación é de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Quinta.-Selección.

Estará a cargo dun tribunal presidido por Jaime Rodríguez-Arana Muñoz, director da EGAP, ou persoa en quen delegue, do que formarán parte, como vocal, José Antonio Frutos Páez, secretario xeral da EGAP, e como secretario, Manuel Matías Cano Vera, xefe de estudios da EGAP.

O tribunal valorará especialmente o aspecto referente á proxección exterior da codificación galega,

relacionará por orde de puntuación os expedientes dos solicitantes admitidos, formados polas solicitudes e documentación xustificativa.

O correspondente tribunal estará clasificado na categoría primeira, segundo o artigo 26 do Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Sexta.-Obrigas do bolseiro.

1. Acepta-la bolsa e incorporarse ás tarefas dentro dos vinte días naturais seguintes ó da notificación do outorgamento. De non facelo así, sen causa abonda a xuízo do director, a EGAP poderá chama-lo seguinte ou seguintes candidatos por orde de puntuación, da relación formada para este efecto polo tribunal.

2. Permanecer asiduamente en horario lectivo, en sesións de mañá e/ou de tarde, nas instalacións que para estudio e investigación ten habilitadas a EGAP, horario que sinale o xefe do Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións.

3. Atende-las explicacións e instruccións que dicte o xefe do Servicio de Estudios, Investigación e Publicacións.

4. Presta-la súa colaboración en cantas actividades garden conexión co obxecto desta convocatoria e que contribúan á realización do fin perseguido por ela.

5. Cubri-los informes ou partes de actividades que lles sexan requiridos.

Sétima.-Dereitos do bolseiro.

1. A percepción mensual na súa conta corrente, do líquido que resulte de aplicarlle á mensualidade íntegra a retención fiscal que proceda.

2. O adxudicatario adquire exclusivamente a condición de bolseiro, coas obrigas e dereitos propios dela conforme a estas bases, sen ningún outro vínculo laboral ou administrativo.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1994.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública