Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 215

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncian modificacións dos estatutos da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (FEGAT).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos, tanto de aso-

ciacións profesionais coma de sindicatos de traballadores, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 19 de decembro de 1994 certificación da secretaría da Federación Empresarial Gallega de Talleres de Reparación de Vehículos (FEGAT), Lourdes Pardo Rodríguez, avalada co visto e prace do seu presidente, na que se fan consta-las modificacións dos estatutos da federación de referencia, aprobadas na súa asemblea xeral ordinaria, celebrada o pasado 24 de setembro.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 1994.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais