Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de xaneiro 1995, pola que se establecen as normas para a concesión de axudas para a renovación e modernización da flota pesqueira.

A modificación da política comunitaria de estructuras pesqueiras, consumada pola publicación do Regulamento (CE) nº 2080/1993, que define as funcións especificas das intervencións comunitarias con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura, e a transformación e comercialización dos seus productos, e que derroga a normativa anterior, motivou que como consecuencia se modificara a normativa da Xunta de Galicia nesa materia, para adaptala á nova realidade. Deste xeito, promúlgase o Decreto 278/1994, do 8 de setembro, polo que se establece o programa de axudas con finalidade

estructural no sector da pesca, a acuicultura e a transformación e comercialización dos seus productos.

O Real decreto 2.112/1994, do 28 de outubro (BOE nº 280, do 23-11-1994), polo que se definen os criterios e condicións das intervencións con finalidade estructural no sector da pesca, a acuicultura, a comercialización, transformación e promoción dos seus productos, supón a norma básica do Estado que adapta a normativa comunitaria na materia ó naso ordenamento xurídico. Esta norma establece que a xestión das axudas que para a renovación e modernización da flota pesqueira se prevén nos orzamentos xerais do Estado e no Instrumento Financeiro da Pesca (IFOP) corresponderá ás comunidades autónomas. Dáselle contido desta forma ó reparto competencial previsto no Estatuto de autonomía de Galicia, e ademais propíciase unha notable simplificación administrativa, de xeito que os beneficiarios terán que tramitar un único expediente de solicitude de axudas para cada proxecto perante a Xunta de Galicia, obtendo deste xeito o financiamento con cargo ás tres administracións, comunitaria, central e

autonómica.

Por todo o expresado anteriormente, e tendo en conta que a disposición derradeira primeira do Decreto 278/1994 faculta a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura para dicta-las disposicións necesarias para a súa aplicación e desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo 1

O obxecto da presente orde é regula-la concesión de axudas para a renovación e modernización da flota pesqueira, con cargo ós conceptos que en cada exercicio orzamentario se prevexan para este fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os previstos nos orzamentos xerais do Estado e no IFOP.

Para o exercicio de 1995, as axudas outorgaranse con cargo ós conceptos 12.03.614.B.770.00 e 12.03.614.B.770.07 (Reestructuración e renovación da flota pesqueira, fondos propios e IFOP respectivamente) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995.

Nos sucesivos exercicios, as axudas outorgaranse con cargo ás partidas orzamentarias que determina a Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de cada ano, referente á reestructuración e renovación da flota pesqueira.

En calquera caso o gasto que se proxecta queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente.

Artigo 2

Os investimentos subvencionables serán os previstos para este fin no artigo 7º, do Decreto 278/1994. En ningún caso serán subvencionables as obras dirixidas ó mantemento, conservación ou reparación das embarcacións, así como os gastos en adquisición de repostos, material funxible e equipos de segunda man.

Artigo 3

Na valoración dos proxectos teranse en conta os criterios recollidos no artigo 9º do Decreto 278/94, e en particular, no que se refire ó punto 1. do mentado artigo:

a) Os proxectos de construcción presentados por pescadores profesionais, de acordo co previsto nos artigos 12 e 13 do Real decreto 2.112, do 28 de outubro de 1994.

b) As construccións que se axusten ós proxectos do Plan PESGA.

c) A realización das obras en estaleiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) A construcción, modernización ou reconversión de embarcacións de arqueo inferior a 250 TRB.

Artigo 4

Para poder ser obxecto de axuda, os proxectos de nova construcción deberán contar coa autorización outorgada de acordo coas normas de ordenación do sector, segundo o establecido no Real decreto 1.027/1989, do 28 de xullo, e demais normativa de aplicación. En calquera caso, xunto coa solicitude de axuda deberá tramitarse a solicitude de autorización de construcción ou a xustificación de tela en trámite.

O previsto no presente artigo producirá efecto tamén no caso de obras de modernización e reconversión de buques que requiran de autorización administrativa por incrementarse o arqueo ou a potencia do buque, de acordo coa normativa en vigor.

Artigo 5

Será condición indispensable para a concesión das axudas que antes do inicio dos traballos se producirá a solicitude de axuda de acordo co estipulado na presente orde, e que os servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura expedirán certificación que acredite a non iniciación do investimento.

Artigo 6

Os gastos subvencionables e a contía das axudas nas accións previstas na presente orde ateranse ós máximos establecidos nos artigos 11 e 12 do Decreto 278/1994.

Artigo 7

As solicitudes formularanse en instancia dirixida ó conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, segundo os modelos que figuran nos anexos I e II (Novas construccións ou modernización respectivamente) desta orde, e presentaranse nas delegacións territoriais e/ou comarcais da consellería, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Coas solicitudes presentarase, en orixinal e catro copias, a seguinte documentación:

a) Para novas construccións:

1.-Fotocopia compulsada do DNI e NIF do solicitante, e, se é o caso, acreditación da súa representación, e do DNI e tarxeta de identificación fiscal do beneficiario ou beneficiarios.

2.-Proxecto de construcción realizado por un técnico competente incluíndo orzamento e cálculo do arqueo en TRB.

3.-Autorización de construcción, xustificación de tela en trámite, ou solicitude de autorización de construcción.

4.-Memoria na que, ademais dos datos sinalados no artigo 8 do Decreto 278/1994, se fará consta-lo porto base, caladoiro, censo ou modalidade pesqueira prevista para a nova embarcación; estaleiro onde se fará a construcción; actividades pesqueiras do armador, detallando outras embarcacións pertencentes a el; baixas aportadas á nova construcción, o seu porto base e, se é o caso, anteriores propietarios das mesmas; achegaranse os formularios que serán facilitados nas delegacións periféricas desta consellería.

5.-Declaración xurada doutras axudas concedidas, solicitadas ou que se vaian solicitar para o proxecto, considerado na súa totalidade ou para obras ou adquisición de equipos incluídos nel.

6.-No caso de acollerse á prioridade do artigo 3º a) aportaranse as correspondentes certificacións da autoridade da Mariña así como declaración xurada do solicitante ou solicitantes de non ser propietarios de ningunha outra embarcación.

7.-As sociedades incluirán fotocopia compulsada da escritura de constitución.

8.-Declaración responsable de non transferi-la propiedade da embarcación, cambia-lo seu porto base, nin ofertala como baixa para unha nova construcción, nin solicita-las primas por paralización definitiva nun prazo de cinco anos nos termos do artigo 13 do Decreto 278/1994. Este compromiso formalizarase ante notario e aportarase xunto co escrito de aceptación da axuda.

9.-Declaración responsable de estar ó día nas obrigas tributarias, sociais e fronte á Facenda da Comunidade Autónoma. Estes extremos acreditaranse mediante as correspondentes certificacións que se aportarán xunto coa documentación xustificativa do investimento, no momento de presenta-lo expediente de cobro das axudas.

10.-No caso de que sexan varios os propietarios da nova embarcación será necesario poder notarial a favor do peticionario cunha cláusula especial para solicitar este tipo de axudas.

11.-No caso de investimentos que se vaian realizar en varios exercicios económicos indicarase a contía prevista para cada un deles segundo o modelo que figura no anexo III.

12.-Certificación da entidade bancaria na que conste o código desta, o da sucursal e o número da canta corrente na que o beneficiario desexa que lle sexa transferido o importe da axuda. A dita certificación xuntaráselle á ficha de domiciliación bancaria, que se inclúe como anexo IV.

b) Para modernización e reconversión,

1.-Memoria na que, ademais dos extremos sinalados no artigo 8 do Decreto 278/1994, se especifique o porto base, censo, modalidade, caladoiro e ano de construcción da embarcación, razoando a necesidade das obras, e xuntando proxecto técnico e orzamento ou facturas no caso de adquisición de equipos, ademais dos formularios que sexan facilitados nas delegacións periféricas desta consellería.

2.-Autorización administrativa para levar a cabo a transformación, se é o caso.

3.-Certificación do Rexistro Mercantil que acredite a titularidade da embarcación ou copia compulsada dela.

Ademais incluirase a documentación sinalada para novas construccións nos seus puntos 1, 5, 7, 8, 9, 10, 11 e 12.

O importe dos investimentos expresarase sen incluí-lo imposto sobre o valor engadido (IVE) recuperable polos armadores.

Artigo 8

Unha vez notificada, se é o caso, a resolución de axuda, o beneficiario disporá dun prazo de quince días para remitirlle á delegación territorial ou comarcal correspondente, un escrito de aceptación da mesma e das condicións particulares que nela se establezan. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia á axuda.

Artigo 9

O pagamento de axudas producirase, con carácter xeral, unha vez finalizados e xustificados os investimentos correspondentes o exercicio económico de que se trate.

Con este fin, unha vez realizados os investimentos subvencionados, os beneficiarios porano en coñecemento da delegación territorial correspondente, solicitando a inspección das obras e achegando os documentos xustificativos establecidos no artigo 35.3º do Decreto 278/1994.

Con carácter xeral, e salvo que a resolución individual de concesión das axudas estableza o contrario, a xustificación dos investimentos previstos para cada exercicio producirase antes do 15 de novembro do ano que se trate.

Para efectos de emisión de certificados de non inicio e fin de obra, os beneficiarios comprometeranse a que as visitas se poidan realizar en portos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 10

Malia o previsto no artigo anterior, en caso das axudas para nova construcción, e sempre que o beneficiario o solicite, o pagamento das axudas producirase coa seguinte periodificación:

a) A axuda con cargo ós orzamentos xerais do Estado pagaráselle ó beneficiario unha vez acreditado o inicio da construcción do buque, de acordo co previsto no Real decreto 2.112/1994.

O determinado no parágrafo anterior estará condicionado á transferencia efectiva dos créditos consignados para tal efecto nos orzamentos xerais do Estado para cada exercicio.

b) A axuda con cargo á Comunidade Autónoma de Galicia pagarase unha vez que o beneficiario acredite que o investimento realizado, e xustificado de acordo co previsto no artigo 35.3 do Decreto 278/1994, supón cando menos o 16% do importe da axuda, de xeito que a porcentaxe da axuda auto

nómica sobre o investimento producido ata ese momento non supere as porcentaxes previstas no artigo 28 do mencionado decreto.

c) A axuda do IFOP pagarase unha vez entrado en servicio o novo buque e acreditada a retirada da actividade pesqueira dos buques aportados como baixa, mediante a entrega da patente de navegación e do rol e inicio do expediente de desmantelamento.

Non obstante o anterior, poderá anticiparse o pagamento do 50% da axuda do IFOP unha vez botado o buque e instalado o seu motor principal.

No caso das axudas para modernización ou reconversión, o pagamento producirase unha vez finalizados e xustificados os investimentos.

Artigo 11

Se os investimentos xustificados foran inferiores ó investimento subvencionable, a axuda concedida reducirase proporcionalmente. O maior casto dos investimentos en ningún caso dará dereito a un aumento da contía da subvención.

Non serán subvencionables as obras non previstas no proxecto inicial. Calquera modificación requirirá da aprobación expresa por parte da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Unha vez concedida a axuda, non poderá ser modificada a titularidade do proxecto.

Artigo 12

O prazo de presentación de solicitudes será:

-Para o exercicio de 1995, desde o día seguinte ó de publicación desta orde no DOG ata o dia 1 de marzo de 1995.

-Para os exercicios posteriores, o prazo abranguerá desde o 1 de decembro do ano anterior ata o 1 de febreiro do ano correspondente.

Nembargantes, no caso de que as circunstancias obriguen un armador ou propietario dun buque de pesca a acomete-los investimentos con posterioridade á data limite de presentación de solicitudes sen que se producira a solicitude de axuda dentro do prazo sinalado nos parágrafos anteriores, poderá excepcionalmente solicita-la axuda en calquera momento do ano, e esta solicitude poderá ser obxecto de resolución dentro da convocatoria inmediatamente posterior.

Así mesmo, aquelas solicitudes de axuda que non puideran ser atendidas na convocatoria correspondente, poderán ser retomadas con cargo á convocatoria inmediatamente posterior, aínda que estas solicitudes non terán consideración preferente respecto daquelas que sexan presentadas por primeira vez na convocatoria correspondente.

Artigo 13

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura poderá en calquera momento inspeccionar e controla-lo destino das axudas ás finalidades para as que se concederon. En consecuencia, faranse visitas e inspeccións nos centros e servicios dos beneficiarios, incluso previamente á concesión das axudas, para compraba-la súa adecuación á normativa vixen

te; así como solicitar en calquera momento do proceso canta documentación se considere necesaria para comproba-la adecuada execución do proxecto subvencionado.

Disposición transitoria

Única.-Salvo a negativa expresa do interesado, que deberá producirse dentro do prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 11 da presente orde, as solicitudes presentadas ó amparo da Orde do 27 de setembro de 1994, e que non puidesen ser atendidas con cargo ó exercicio orzamentario de 1994, poderanse atender ó amparo da presente orde. De igual xeito, as solicitudes presentadas ó amparo da Orde do 27 de setembro de 1994, e que obtiveron financiamento autonómico, así como os expedientes de construcción e modernización de buques a que se refire a disposición transitoria primeira do Real

decreto 2.112/1994, do 28 de outubro, poderán ser tidas en conta ó amparo da presente orde co obxecto de obter axuda nacional e/ou do IFOP, salvo que o interesado manifeste a súa negativa no prazo previsto no artigo 11 da presente orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras para que dicte as resolucións necesarias para o mellor cumprimento do disposto na presente orde.

Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura