Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 208

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 19 de decembro de 1994 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón, denominada Mabla nº 3, a favor de Benigno Paz Abanqueiro.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, de ordenación marisqueira e cultivos mariños desta Comunidade Autónoma (DOG nº 236, do 10 de decembro) e que foi acreditada a transmisión correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas á vista do informe favorable do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Mabla nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal E, cuadrícula nº 281.

Data da concesión: 13-12-1967.

Data do remate da derradeira prórroga: 21-12-1997.

Anterior concesionaria: Carmen Abanqueiro Trasbach.

Novo titular da concesión e batea: Benigno Paz Abanqueiro.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficientes.

A Coruña, 19 de decembro de 1994.

P.D. (Orde do 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña