Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1994, da Delegación Povincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.905 A.T.)

Visto o expediente incoado na Sección de Industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, no que solicita autorización e declaración, en concreto, de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria,

Esta delegación provincial resolveu autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión 20 kV, cunha lonxitude de 1.041 metros, apoios de formigón e torres metálicas, con conductor LA-56. Centro de transformación 50 kVA, 20.000,380/220 V. +- 5%, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión, con apoios de formigón e conductores RZ-95-50-25.

Declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 4 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo