Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1994, da Delegación Povincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.820 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Cidade de Viveiro, Lugo, en solicitude de autorización para instalar C.T. edificio José Gómez en Bure

la-Cervo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea, 20 kV, cunha lonxitude de 235 metros, cable 1x95 mm Al, Eprotenax. Centro de transformación 2x400 kVA, 20.000±5%, 398/230 V. Liña de baixa tensión subterránea 380 V, cunha lonxitude de 830 metros.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 11 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo