Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 202

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.008 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. e C.T. edificio Inmobiliaria Villalbesa, r/ Cidade de Viveiro e Domingo Goás, en Vilalba, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea, 20 kV, cunha lonxitude de 160 metros, cable 1x95 mm AL. Centro de transformación 1x400 kVA, 20.000±5%, 398/230 V.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 3 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo