Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio en Lugo, Cidade de Viveiro, en solicitude de autorización para
instalar C.T. edificio en Lugo Const. Vázquez López, en r/ Ronda do Carme, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea, 20 kV, de 1x240 mm AL, cunha lonxitude de 207 metros. Centro de transformación 2x400 kVA, 20.000±5%, 398/230 V.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Lugo, 27 de outubro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo