Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 200

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 399/1994, do 29 de decembro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea a 20 kV ó C.T. de Coto, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo. (Expediente número 2.827 A.T.).

Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Cidade de Viveiro, nº 4 de Lugo, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 20 kV de 895 m de lonxitude, conductor LA-30, e apoios de formigón e torres metálicas, con orixe na L.M.T. Ribadeo-Folgoso e remate no C.T. de Coto, no concello de Ribadeo (Lugo); expediente número 2.827-A.T.

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 5-4-93, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 28-10-94, no BOP de Lugo do 22-5-93, no xornal El Progreso de Lugo do 20-4-93 e no BOE do 8-5-93.

A solicitude de urxente ocupación fíxose con base no disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 31-1-94, no BOP de Lugo do 29-1-94, no xornal El Progreso de Lugo do 19-12-93, e a simple referencia no BOE do 2-3-94; ó mesmo tempo na forma regulamentaria, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro. Durante o período en que se somete a trámite de información pública formulouse alegación polo titular do predio nº 12, a que se desestima, en aplicacion do artigo 26 do referido decreto, xa que o cambio da traza, no treito afectado, suporía un aumento en máis dun 10% na súa lonxitude, modificando ademais a servidume doutros predios nos que xa se conta co acordo mutuo.

Unha vez practicada por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da imposición de servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2.619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Barras Eléctricas Galaico-As

turianas, S.A., xa que con esta liña preténdese amplia-las redes de distribución de enerxía, para mellora-la subministración eléctrica nos sectores de establecemento das instalacións e poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración nas ditas zonas, atendendo as constantes reclamacións polo mal servicio no sector e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para esta instalación.

Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da liña eléctrica aérea a 20 kV ó C.T. de Coto.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Ribadeo (Lugo) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintenove de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio